lunes, 26 de abril de 2010

O PASE

Cando realizamos un pase tratamos de darlle o balón a un compañeiro nas mellores condicións posibles. O pase será forte e preciso. É moi importante a precisión no pase xa que, como vos dixen nas clases, boas ideas pérdense por un pase malo.
Hai moitos tipos de pases: de peito, por riba da cabeza, cunha man, con bote, ... e outros que vos poidades "crear" segundo as circunstancias. Importante: que sexa preciso e no momento axeitado. Tamén teredes que aprender a NON mirar descaradamente ao posible receptor, porque lle estades dando moitas pistas ao defensor.
Aquí vos deixo unhas xoias dun xogador que, como pasador, non tiña prezo: JASON WILLIAMS